Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1983 (41 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | The Purcell School for Young Musicians (en) |
Actividade | |
Ocupación | música, cantante |
Período de actividade | 1987 - |
Familia | |
Parentes | Amadou Bansang Jobarteh, avó |
Premios | |
| |
Páxina web | sonajobarteh.com |
Sona Jobarteh, nada en 1983[1] en Londres, é unha vocalista, instrumentista e compositora gambiana e británica. Medrou no seo dunha das cinco principais familias griot de África Occidental que tocan a kora, das que é a primeira muller recoñecida que toca este instrumento de xeito profesional.[1][2] É neta do mestre griot Amadu Bansang Jobarteh, curmá de Toumani Diabaté e irmá de Tunde Jegede, todos eles coñecidos instrumentistas de kora.[3] En agosto de 2017 deu un concerto na cuarta edición do Noia Harp Fest, no concello de Noia.[4]